Malkeda nace no 2002, co propósito de crear unha nova corrente musical en Pontevedra, un estilo musical persoal e inclasificable, un rock insatisfeito froito das circunstancias da vida. Unha mestura de influencias e de anteriores experiencias darán vida a Malkeda, un sen fin de actuacións, unha maqueta no 2003 (Eterna condena), un single no 2006 (Supremos), e un disco no 2007(Momentos impuntuales).
Tras unha maqueta en 2003 e un single en 2006, Malkeda lanza ao mercado, despois de dous anos de traballo e moita paciencia, o seu álbum debut “Momentos Impuntuales”. Un disco que reúne as influencias de cada membro do grupo, creando así un estilo diferente, cheo de retrousos melódicos pegadizos ata as guitarras máis contundentes e agresivas, mesturando desde as guitarras clásicas españolas e percusións ata innovadores sons de scratches e loops electrónicos de baterías.
O disco “Momentos Impuntuales” consta de 13 temas propios da banda, tres deles incluidos no anterio single “Supremos”, agora cunha pasterización máis elaborada. Poderanse atopar tamén incluidas as letras de todas as cancións xunto a fotos doscomponentes impresos no deseño do soporte para o CD. O disco inclúe tamén unha pista interactiva para PC onde se atopa unha pequena biografía da banda, galería defotos, videoclip do tema “La Muerte Aguarda” e algún tema inédito dos componentes da banda.